Actividades, Entorno

CAMIÑO DA FEIRA DE BETANZOS

CAMIÑO DA FEIRA
Deixando atrás a vila mariñeira de Sada, na que o mar é o protagonista, o viaxeiro vai camiño do veciño pobo de Betanzos, “Cidade dos Cabaleiros”, non sin antes reparar nas vivezas e aventuras, que están a piques de comezar.
Coma un funambulista camiño do seu obxectivo de alcanzar a vila, un non deixa de contemplar a beleza da paisaxe que nos ofrece a Ría de Betanzos, na que o mar e o seu río xúntanse, formando unha simbiose perfecta.
Se levantamos a vista un anaco, o fondo pódese ver a entrada a cidade medieval pola súa entrada da Porta de Carlos V, coma así albiscamos Maruxa máis eu, miña acompañante de hoxe nesta aventura.
Decidimos de mutuo acordo comezar nosa aventura polas rúas de Betanzos a través da porta de Carlos V, e xa de comezo sorpréndenos as súas rúas cheas de subidas e baixadas, coma se estiveramos a xogar nuns tobogáns, o seu empedrado, a beleza da súa arquitectura popular das súas casas.

Betanzos en feria

Un día de feira

Comezando a subida decidimos facer unha paradiña para reparar na historia, que logran acumular as pedras da igrexa de Santa María do Azogue, ¡si elas poderán falar! cantos contos e aventuras contarían.
Maruxa faime un aceno, coma dicindo que vai sendo horiña de repoñer forzas e botar un grolo do famoso viño de Betanzos, nunhas das tabernas típicas, deixamos a nosas costas a igrexa e avanzamos cara a praza do Concello, no medio da praza sorpréndenos un peregrino holandés con moitas gañas de leria, cóntanos que está a percorrer o camiño dende seu país de orixe e pretende chegar a Compostela, non dando por rematada súa viaxe, ten decidido chegar a fin do mundo ¡Fisterra!, botamos un tempo escoitando a noso novo amigo, para rematar botamos unha foto, para lembrar noso encontro, non sin antes despedirnos del ao xeito máis peregrino desexándolle “bo camiño”.
Este e o intre de colarse nalgunha taberna dos calexiñas fronte a Praza de Garcia Irmas, polas rúas notase moito bulicio e algarabía, o día tamén acompaña a estar por fora cun sol de luxo.
Entramos na taberna do Antón, un home con pinta de bonachón e a sonrisa na cara, que nada máis vernos invítanos a sentar nunha das mesas que acabaran de quedar baleiras, pois non colle nin un alfiler hoxe en ningunha das tabernas da vila, por sorte nos atopamos unha mesa onde dar descanso dos nosos osos e levar algo a noso estómago, baleiro a longo do percorrido e con moitas gañas de repoñer forzas.
Deixámonos aconsellar por Antón que estanos a indicar que o mellor para un repoñer forzas e un bo viño da vila, acompañado dunha boa tapiña de tortilla de Betanzos, e así facemos. Mentres degustamos o viño e a tortilla, estamos a botar unas verbas con Antón, o cal nos conta que hoxe e día de feira, e que por iso temos tanta xente polas rúas e locais, as xentes dos pobos cércanos baixan a facer súas compras e pasar o día na vila.

Igrexa de Santiago

Maruxa presta moita atención a todo o que nos esta a dicir, pero o fondo escóitanse o son do reloxo da praza indicando que xa son a unha do mediodía, faime un guino para dar por rematada a conversa e saír a rúa a ver os diversos postos da feira, para logo procurar almorzar.
Un non deixa de mirar a un lado e outro, pois esta cheo de xente de conversa en conversa, e venme a mente a frase dos Gabinete Caligari “bares, que lugares tan gratos para conversar” e que razón teñen os condenados.
Levantámonos da mesa para despedirnos de Antón, e facer o pago polas viandas alí tomadas, de saída decidimos tomar unas fotos, cas que logo poder mostrar os nosos amigos.
As rúas, amósanse atairadas de xente, por todos os rincons da vila, a maxia do ambiente envólvenos a Maruxa e a min, o meternos de cheo no rebumbio dos postos e facer un chafardeo por cada un deles, un dos postos no que adicamos tempo e verbas e o de Carmiña, que é o da mel e os queixos, que moi amábel empeza unha conversa con nos, contándonos case súa vida e a dos seus produtos, rematando a nosa parada ca compra dun tarriño de mel de Ancares e un queixo do Cebreiro.
Avanzamos un chisco cara a praza, e sorprendenos a vista, un posto de cestos de mimbre e navallas, rexentado por Xosé e Mucha súa muller, reparamos que esta próxima nova tempada de setas. Xosé encargase de dar as explicacións das navallas, coma así lle pedimos indicándonos a mellor navalla, para a recollida de setas, cando chega o quenda de Mucha comeza unha conversa na que fai repaso a súa vida de pequena, ata chegar a cando se fixo artesán do mimbre, coma Xosé fainos unha indicación de cal é o mellor cesto para poder levar nosos tesouros culinarios, recollidos no monte.

Postos da feira

Empeza a soar de novo o reloxo da praza, indicándonos que xa vai sendo hora de almorzar e así facemos metémonos no bar do Tucho, fainos unha sinal para dicirnos, onde podemos descansar nosas posadeiras e poder degustar a especialidade da casa, o polbo a feira, cunhas patacas en cahelos pimentón e aceite de oliva servido nun prato de madeira, regado todo cun bo viño de Betanzos.
Despois de levar un bo tempo de descanso e nosos estómagos cheos, poñemos rumbo de volta para nosas casas, pola vella estrada que vai camiño da Cidade de Ferrol, un non deixa de contemplar a imaxe que se orixina na Ponte do Pedrido, onde conflúen o mar e o río. Por certo tereivos que contar que o avó de Ana Torroja a cantante do grupo de pop dos oitenta Mecano, foi o enxeñeiro que deseñou dita ponte, situada na estrada que vai camiño de Ferrol.

Xa de volta e chegando a noso punto de partida, Maruxa máis eu, facemos un repaso do todo o acontecido ao longo do día, co corpo cansado damos por rematada nosa aventura de hoxe, indo na procura do mañá, na que dar conta dun bo descanso.
“Ata próxima viaxe”

#viaxandodendesada #funambulistamáxico #dendesadapraomundo #viaxeiroaventureiro
#arquitectodesonos #xestordeemocions

Sobre el autor