Actividades

POR TERRAS DE ARES E MUGARDOS

 

 

 

POR TERRAS DE ARES E MUGARDOS

 

Hoxe imos percorrer os Concellos de Ares e Mugardos, na búsqueda da vida das súas xentes a súa arquitectura e gastronomía e troulear un pouco pola súa xerografía.

Casa típica en Redes

A nosa primeira parada, será nun dos pequenos pobos mariñeiros de gran beleza, Redes, onde poderás disfrutar da súa praia o súa arquitectura das súas casas, ou simplemente poder tomarte algo relaxado nas terrazas dos locais, situados na praza e peirao de Redes, o si o teu e camiñar poderás facer o percorrido de Redes a Cabanas por sendeiros no que o percorrido vai todo con vistas a Ría.

Redes

Nosos pes dirixennos o pobo de tradición mariñeira a Real Vila de Mugardos, onde nada máis chegar, Rosario xa nos indica co polbo é o protagonista, dedicado a él a mediados de Xullo faiselle unha festa de gran tradición na Vila, según indicanos.

Si nos damos un paseo pola Vila de Mugardos, vemos que as súas casas ainda conservan o seu estilo mariñeiro con seus corredores e balcons típicos, a súa fachada podese contemplar cómo nos anos 70, según nos  achegamos o final do porto poderemos ver a Casa do reloxo, situada no peirao da vila, onde moitas aventuras e contos da época, xurdiron entorno a Lancha de Mugardos, que levaba as xentes de Mugardos a traballar ou mercar a Cidade de Ferrol.

 

Entrada Porto de Mugardos

Nos locais do porto, poderemos degustar o tradicional Polbo a Mugardesa tan típico nesta Vila, pero como o noso e chafardear un poco pola vila e un pouco de aventura, imos na procura dun rincón, onde nos poidan contar un pouco da historia da vila e darnos un pequeño baño que fai un calor de mil demos.

Mugardos

 

 

Saindo do xantar nun local do Porto, percorremos, todo o paseo, ata Punta Ratón, onde atópase o Club do Mar, onde botamos unhas verbas, ca xente mariñeira que estaba arranxando as súas embarcacions dispostos a sair o mar na procura do peixe.

 

Palacete da música Ares

Nos abandonamos a charla, ca xente do mar , para lanzarnos o chapuzón na praia da Vila que non e outra que a praia da Bestarruza, onde decidimos darle os nosos osos, un pequeno descanso.

Casa Típica Ares

Dando por rematada nosa viaxe de hoxe na praia de Mugardos.

Vila de Mugardos

#aventura #avidamola #viaxeiroaventureiro #foto #fotografia #inmoarnela #sadamola

 

Sobre el autor