PEGADAS DO MODERNISMO, A TERRAZA DE SADA

 

 

A terraza “Art Nouveau”

 

Hoxe non imos saír da vila de Sada, queridos amigos, imos falar do verdadeiro símbolo, desta vila mariñeira, que non é outro ca Terraza, un edificio fiel reflexo da arquitectura da época, na que hoxe en día seguimos a disfrutar dela.

 

Primeiramente contaremos o que significa modernismo e coma influíu na vida das xentes e na maneira de reflexado nas construcións arquitectónicas deses séculos.

 

 

O modernismo “Art Nouveau” dependendo do lugar, é quizás o primeiro estilo arquitectónico vangardista, xurdiu a finais do século XIX e tivo súa continuidade ata que comezou a primeira guerra mundial ano 1914.

É un estilo que abarca todas as áreas do deseño e as artes decorativas, como pódese apreciar nos seus edificios.

Rompe co historicismo dos anteriores estilos, pero non ca tradición dos lugares onde se atopa.

 

Terraza de Sada, anos 20

Fuente: Hemeroteca La Opinión A Coruña

 

 

 

Onde verdadeiramente, causou sensación foi na Exposición Universal de París do 1900,  sorprendendo a todos os visitantes que por ela pasaron, converténdose nunha referencia arquitectónica de singular contido, en parte grazas a o seu deseño gráfico e a difusión dos seus grabados, as formas os elementos todo tiña un compoñente de deseño, que establecía unha conexión entre a arquitectura e o deseño, e por elo, polo que os visitantes da exposición quedaron impresionados.

 

 

A Terraza

A primeira vez, que podemos contemplar este arte é en Bélgica na obra de Víctor Horca e, onde podemos contémplalo moito mellor e en tres hoteis de Bruselas, construídos a finais do século XIX.

 

O deseño modernista pódeme lo identificar polas súas formas orgánicas fluídas con apreciación de flores, parras y hojas estando presente en el hierro, con elo se quere plasmar ese movemento reflexado nas follas e flores, pódese apreciar a intensidade reflexada nos distintos modelos.

A terraza fachada principal

El modernismo é unha arte, que predominará e se extenderá por Europa, principalmente en Bruselas, París, Viena, en España o principal foco de actividade o teremos en Barcelona.

 

A duración do mesmo non será moi lonxeva, pois temos coñecemento do seus comezos, dende finais do XIX e extenderase, ata principios do XX.

 

A Terraza fachada posterior

Deste estilo en Galicia temos exemplos moi singulares, como é o edificio da Terraza que actualmente ubicase na Vila de Sada, provincia de A Coruña.

 

A terraza é un quiosco-restaurante, diseñado polo arquitecto Antonio López Hernández no ano 1912, nos seus inicios A Terraza instalouse no que hoxe en día coñecemos como Xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña, no cal os refrescos e golosinas foron protagonistas, durante oito anos, no recheo coruñés, facendo as ledicias de todos seus visitantes.

 

                                                                                                             Interior da Terraza

 

 

En primeira instancia, naceu coma unha única planta, para logo xa obter a licencia, para o cierre de cuberta, correspondente o piso superior e de esa forma se orixinará ampliación do edificio de estilo modernista.

 

O paseo de Méndez Núñez tera un papel principal e vertebrador nas actividades de ocio dos habitantes da cidade da Coruña, pois o longo del, distribuiranse as distintas actividades relacionadas co ocio, para a cidadanía coruñesa da época.

 

                                                                                                  A Terraza, Avenida da Mariña – Sada

 

 

A Terraza componse de unha estructura a base de madeira, ferro e cristal distribuida en dúas plantas.

Entre os anos 1919-1920 foi desmontada e decidiuse un novo lugar para este singular edificio, o lugar a onde trasladouse foi no recheo de Sada, onde convirtese no seu principal valedor entorno a él pódense a preciar nas diferentes fotografías da época, canta vida tiña no seus arredores, pois alí tamén confluía a parada do tranvía.

 

Se un observa as distintas pegadas, que nos deixa a través da fotografía un entende o porque do simbolismo que significou, para unha vila coma a de Sada nos anos vinte.

 

 

O edificio é de planta rectangular, distribuído en dúas plantas de 33,50 metros de lonxitude, por 5,50 metros de fondo, a primeira planta dispón de unha altura de 3.33 de alto e, a planta superior, ten unha altura libre de 4.00 metros.

 

Na primeira planta temos na actualidade, un espazo adicado a cafetería- restaurante onde un pode ter agradables conversas, na planta superior temos un lugar para o encontro as tertulias, os debates, concertos un lugar de acollemento de toda clase de eventos culturais ou de encontro social.

Entornos da terraza recheo de Sada

Dende seus vidros ou súa terraza exterior, poderemos contemplar a inmensidade do mar, a través da Ría de Sada, na súa fachada principal o discorrer da vida nesta vila mariñana.

                                                                                                                Recheo de Sada

Esperamos vosa visita por nosa Vila e que poidades disfrutar, da súa arquitectura, etnografía, gastronomía e a hospitalidade da xente desta Vila.

 

¡Vémonos!

 

 

 

 

#terraza #sada #viaxeiroaventureiro #foto #fotografía #avidamola #arnelainmo #galicia

 

 

 

 

MIRUEÑA DE LOS INFANZONES

Hoxe imos de viaxe por terras de Castela, máis concretamente a unha pequena localidade, situada entre Ávila e Salamanca, pertencente a provincia de Ávila.

Cunha altitude de 1110 metros sobre o nivel do mar, na que o longo do ano, non viven máis aló de 52 habitantes, pero na que no verán transfórmase, para encher de festa e algarabía, todas as rúas do pobo, onde toda a xente participan das festas, ese pobo que hoxe vos presentamos non é outro que MIRUEÑA DE LOS INFANZONES.

Eiquí descansou Santa Teresa nun dos seus viaxes , hoxe punto de encontro pra o descanso e a tertulia.

O viaxeiro, e xa van moitos anos, por estas terras, repite experiencias, aventuras, emocións por este recuncho de Castela, “O Galego”, como lle chaman séntese agradecido a este pobo e súas xentes, por todas as vivezas alí vividas, o longo destes anos, e este non podía ser doutro xeito distinto, séntese paisano das xentes de Mirueña.

Igrexa de Mirueña

Botamos o camiño un ano máis cara a Mirueña, co  fin de participar das festas en honor a “Nosa Señora Da Asunción” patrona de todos os mirueñenses.

Disfrutando da compaña dos Quintos de este ano, e as distintas actividades propostas por eles, o longo das festas e polas noites, o meu corpo dirisexe a un rincón cheo de encanto, onde conviven multitude de xeneracions entorno “O Bar dos Quintos”.

Bailes o día da patrona

Nada máis chegar o viaxeiro, despois de baixar os bártulos e colocalos, a primeira cousa que fai e ir dar unha volta o Embalse dos Milagros, co fin de crúzalo a nado, coma todos os anos o pantano de lado a lado, e comprobar “in situ” como vai de cheo este ano, despois do inverno de choivas que tivemos, logo de vir o ano anterior dun ano de seca, para ledicia del este ano a baño promete.

Despois dun agradable baño no embalse, tomamos camiño de volta tres quilómetros, para riba en dirección Mirueña, ca idea de chegar a tempo o Pregón, que este ano dano as quintas de anos anteriores, algún día de estes contareibos un par de segredos entorno Os Quintos, pero esa será outra historia que non ten cabida hoxe.

Antes do pregón todo o pobo  participa, dos bailes tradicionais que fai as delicias dos presentes, cando comeza o baile da xota castelá, un emocionase e compara o sonido da dulzaina co da gaita da súa terra, e volta a mirada atrás, recordando outros anos pasados.

 

Bailes, pregón e xentes coma é normal, teñen que ir acompañados dunhas pastas e unha sangría, no que un réndese a conversa cos amigos paisanos de Mirueña, non sen antes escoitar o canto de guerra dos quintos deste ano, entonando o “URRI PICHURRI TRACATRA…” con remate final cun “VIVA MIRUEÑA”.

Día de emocions, reencontros cos paisanos, que xa fai un ano que non nos vemos. A noitiña toca a estrea do bar dos Quintos e o bar das Escolas, onde desfrutamos de alegres conversas, deixando que nos chegue a mañá.

Despois dunha boa recuperación, chega o día grande o día esperado, o da patrona da Asunción, obrigado é engalanarse e poñerse guapo, para misa e a procesión por todo o pobo, para rematar no Bar das Escolas.

De volta a casa un non pode facer outra cousa que botar un descanso, para estar fresco para o xogo da Calva, tan popular por estas terras, que ven sendo moi parecido o noso xogo da chave.

As Cintas

 

Estaredes a pensar, en que consiste tal xogo, pois vouno describir un pouco, para o bon entender.

O xogo consiste en lanzar un morrillo, dende aproximadamente dazaoito metros aproximadamente, cara diante, hacia un pau de madeira con forma de ángulo obtuso e temos que darle sen que bata primeiro no chan, conseguido punto, e estaredes a pensar e ¿cantas quendas son? Pois son o mellor de 25 quendas, para ser sinceiro con vos hoxe non era meu día a noite empezaba a facer estragos no meu corpo.

Despois de repoñer forzas e abrigarse un chisco pois as noites alí refrescan un pouco, toca ir dar uns bailes a orquesta da praza e ver como os subquintos mostran o carro a medianoite que van esconder dos quintos, que terán que pasar a noite na procura do carro para o día seguinte poder correr as Cintas, todo esto ven precedido de noites moi longas nas que vaise de ronda a rondar os quintos, ata que se consigue que nos abran a porta e nos dean algo que levar a boca, xa vos imaxinades “María sal a balcón…” e así ata que se fai día.

Carros das cintas

Co corpo cheo de cansazo polos días e máis días de festa e xoldra e durmir nada, empeza o día das emocions para os Quintos, é o día para o que levan adestrando todo o ano, hoxe si van correr As Cintas baixo atenta mirada de todos os presentes, os rapaces e rapazas que cada ano son parte dos Quintos comezan o ceremonial ca limpeza e preparación dos cabalos, para logo ir pola madriña que levarán a lomos do cabalo o punto de encontró na praza, onde partirán cara o lugar onde correranse as cintas coma todos os anos.

Carreira das Cintas

Previamente os pais dos quintos tiveron que cavar para colocar os carros, que esa noite seus fillos encontraron, despois de unha longa noite na procura deles, unha vez colocados, colocanse sobre a soga, os carretes de cintas ca súa argolla, na cal os xinetes terán que introducir o seu punzón galopando a lomos do seu cabalo, xuntándose neses intres momentos de emocions, tensión e nervos, por parte dos presentes.

A primeira cinta vai para a madriña co quinto levou no seu cabalo, logo de ahí repartirá cos demáis enchendo de bágoas e emocions os agraciados con tal agasallo, momento cheo de maxia e ledicia, algún que outro deixa caer alguna bágoa pola súa cara.

 

O Pilón

Co remate da carreira das Cintas dánse por rematadas as festas, moi a pesar de todos, desexando cos novos Quintos preparen de novo, o bar dos Quintos no cal botar unhas parrafadas cos amigos.

¡Ata pronto paisanos de Mirueña, se cadrá estarei por ahí en ferias¡   ¡Viva Mirueña¡

#galegoviaxeiro  #mirueña  #avidamola #dendesadaparaomundo #aventurasgalegas #inmoarnela #sada

 

 

 

POR TERRAS DE ARES E MUGARDOS

 

Hoxe imos percorrer os Concellos de Ares e Mugardos, na búsqueda da vida das súas xentes a súa arquitectura e gastronomía e troulear un pouco pola súa xerografía.

Casa típica en Redes

A nosa primeira parada, será nun dos pequenos pobos mariñeiros de gran beleza, Redes, onde poderás disfrutar da súa praia o súa arquitectura das súas casas, ou simplemente poder tomarte algo relaxado nas terrazas dos locais, situados na praza e peirao de Redes, o si o teu e camiñar poderás facer o percorrido de Redes a Cabanas por sendeiros no que o percorrido vai todo con vistas a Ría.

Redes

Nosos pes dirixennos o pobo de tradición mariñeira a Real Vila de Mugardos, onde nada máis chegar, Rosario xa nos indica co polbo é o protagonista, dedicado a él a mediados de Xullo faiselle unha festa de gran tradición na Vila, según indicanos.

Si nos damos un paseo pola Vila de Mugardos, vemos que as súas casas ainda conservan o seu estilo mariñeiro con seus corredores e balcons típicos, a súa fachada podese contemplar cómo nos anos 70, según nos  achegamos o final do porto poderemos ver a Casa do reloxo, situada no peirao da vila, onde moitas aventuras e contos da época, xurdiron entorno a Lancha de Mugardos, que levaba as xentes de Mugardos a traballar ou mercar a Cidade de Ferrol.

 

Entrada Porto de Mugardos

Nos locais do porto, poderemos degustar o tradicional Polbo a Mugardesa tan típico nesta Vila, pero como o noso e chafardear un poco pola vila e un pouco de aventura, imos na procura dun rincón, onde nos poidan contar un pouco da historia da vila e darnos un pequeño baño que fai un calor de mil demos.

Mugardos

 

 

Saindo do xantar nun local do Porto, percorremos, todo o paseo, ata Punta Ratón, onde atópase o Club do Mar, onde botamos unhas verbas, ca xente mariñeira que estaba arranxando as súas embarcacions dispostos a sair o mar na procura do peixe.

 

Palacete da música Ares

Nos abandonamos a charla, ca xente do mar , para lanzarnos o chapuzón na praia da Vila que non e outra que a praia da Bestarruza, onde decidimos darle os nosos osos, un pequeno descanso.

Casa Típica Ares

Dando por rematada nosa viaxe de hoxe na praia de Mugardos.

Vila de Mugardos

#aventura #avidamola #viaxeiroaventureiro #foto #fotografia #inmoarnela #sadamola

 

Ruta de San Martín a Bustarga e Vilarbón 

 

 

Hoxe vos propoñemos unha escapada a Os Ancares, onde poderedes disfrutar da paisaxe, flora, fauna, arquitectura e as súas xentes, deste rincón da nosa terra.

Arquitectura popular

Encontrámonos en San Martín de Moreda, a visita que vos propoñemos hoxe é: a ruta dende o pobo de San Martín de Moreda a Bustarga e Vilarbón, disfrutáredes dun espectáculo maravilloso nos Ancares.

 

 

Casas típicas na Bustarga

 

 

 

¡Imos de aventura!

#viaxandoporgaliza #inmoarnela #fotografia #avidamola #viaxeirodotempo #funambulista #arquitectodesonos

 

 

 

CAMIÑO DA FEIRA
Deixando atrás a vila mariñeira de Sada, na que o mar é o protagonista, o viaxeiro vai camiño do veciño pobo de Betanzos, “Cidade dos Cabaleiros”, non sin antes reparar nas vivezas e aventuras, que están a piques de comezar.
Coma un funambulista camiño do seu obxectivo de alcanzar a vila, un non deixa de contemplar a beleza da paisaxe que nos ofrece a Ría de Betanzos, na que o mar e o seu río xúntanse, formando unha simbiose perfecta.
Se levantamos a vista un anaco, o fondo pódese ver a entrada a cidade medieval pola súa entrada da Porta de Carlos V, coma así albiscamos Maruxa máis eu, miña acompañante de hoxe nesta aventura.
Decidimos de mutuo acordo comezar nosa aventura polas rúas de Betanzos a través da porta de Carlos V, e xa de comezo sorpréndenos as súas rúas cheas de subidas e baixadas, coma se estiveramos a xogar nuns tobogáns, o seu empedrado, a beleza da súa arquitectura popular das súas casas.

Betanzos en feria

Un día de feira

Comezando a subida decidimos facer unha paradiña para reparar na historia, que logran acumular as pedras da igrexa de Santa María do Azogue, ¡si elas poderán falar! cantos contos e aventuras contarían.
Maruxa faime un aceno, coma dicindo que vai sendo horiña de repoñer forzas e botar un grolo do famoso viño de Betanzos, nunhas das tabernas típicas, deixamos a nosas costas a igrexa e avanzamos cara a praza do Concello, no medio da praza sorpréndenos un peregrino holandés con moitas gañas de leria, cóntanos que está a percorrer o camiño dende seu país de orixe e pretende chegar a Compostela, non dando por rematada súa viaxe, ten decidido chegar a fin do mundo ¡Fisterra!, botamos un tempo escoitando a noso novo amigo, para rematar botamos unha foto, para lembrar noso encontro, non sin antes despedirnos del ao xeito máis peregrino desexándolle “bo camiño”.
Este e o intre de colarse nalgunha taberna dos calexiñas fronte a Praza de Garcia Irmas, polas rúas notase moito bulicio e algarabía, o día tamén acompaña a estar por fora cun sol de luxo.
Entramos na taberna do Antón, un home con pinta de bonachón e a sonrisa na cara, que nada máis vernos invítanos a sentar nunha das mesas que acabaran de quedar baleiras, pois non colle nin un alfiler hoxe en ningunha das tabernas da vila, por sorte nos atopamos unha mesa onde dar descanso dos nosos osos e levar algo a noso estómago, baleiro a longo do percorrido e con moitas gañas de repoñer forzas.
Deixámonos aconsellar por Antón que estanos a indicar que o mellor para un repoñer forzas e un bo viño da vila, acompañado dunha boa tapiña de tortilla de Betanzos, e así facemos. Mentres degustamos o viño e a tortilla, estamos a botar unas verbas con Antón, o cal nos conta que hoxe e día de feira, e que por iso temos tanta xente polas rúas e locais, as xentes dos pobos cércanos baixan a facer súas compras e pasar o día na vila.

Igrexa de Santiago

Maruxa presta moita atención a todo o que nos esta a dicir, pero o fondo escóitanse o son do reloxo da praza indicando que xa son a unha do mediodía, faime un guino para dar por rematada a conversa e saír a rúa a ver os diversos postos da feira, para logo procurar almorzar.
Un non deixa de mirar a un lado e outro, pois esta cheo de xente de conversa en conversa, e venme a mente a frase dos Gabinete Caligari “bares, que lugares tan gratos para conversar” e que razón teñen os condenados.
Levantámonos da mesa para despedirnos de Antón, e facer o pago polas viandas alí tomadas, de saída decidimos tomar unas fotos, cas que logo poder mostrar os nosos amigos.
As rúas, amósanse atairadas de xente, por todos os rincons da vila, a maxia do ambiente envólvenos a Maruxa e a min, o meternos de cheo no rebumbio dos postos e facer un chafardeo por cada un deles, un dos postos no que adicamos tempo e verbas e o de Carmiña, que é o da mel e os queixos, que moi amábel empeza unha conversa con nos, contándonos case súa vida e a dos seus produtos, rematando a nosa parada ca compra dun tarriño de mel de Ancares e un queixo do Cebreiro.
Avanzamos un chisco cara a praza, e sorprendenos a vista, un posto de cestos de mimbre e navallas, rexentado por Xosé e Mucha súa muller, reparamos que esta próxima nova tempada de setas. Xosé encargase de dar as explicacións das navallas, coma así lle pedimos indicándonos a mellor navalla, para a recollida de setas, cando chega o quenda de Mucha comeza unha conversa na que fai repaso a súa vida de pequena, ata chegar a cando se fixo artesán do mimbre, coma Xosé fainos unha indicación de cal é o mellor cesto para poder levar nosos tesouros culinarios, recollidos no monte.

Postos da feira

Empeza a soar de novo o reloxo da praza, indicándonos que xa vai sendo hora de almorzar e así facemos metémonos no bar do Tucho, fainos unha sinal para dicirnos, onde podemos descansar nosas posadeiras e poder degustar a especialidade da casa, o polbo a feira, cunhas patacas en cahelos pimentón e aceite de oliva servido nun prato de madeira, regado todo cun bo viño de Betanzos.
Despois de levar un bo tempo de descanso e nosos estómagos cheos, poñemos rumbo de volta para nosas casas, pola vella estrada que vai camiño da Cidade de Ferrol, un non deixa de contemplar a imaxe que se orixina na Ponte do Pedrido, onde conflúen o mar e o río. Por certo tereivos que contar que o avó de Ana Torroja a cantante do grupo de pop dos oitenta Mecano, foi o enxeñeiro que deseñou dita ponte, situada na estrada que vai camiño de Ferrol.

Xa de volta e chegando a noso punto de partida, Maruxa máis eu, facemos un repaso do todo o acontecido ao longo do día, co corpo cansado damos por rematada nosa aventura de hoxe, indo na procura do mañá, na que dar conta dun bo descanso.
“Ata próxima viaxe”

#viaxandodendesada #funambulistamáxico #dendesadapraomundo #viaxeiroaventureiro
#arquitectodesonos #xestordeemocions

 

UN CAMIÑO POR PERCORRER

Dende moi nenos nosa ilusión e viaxar, coñecer outros mundos, ir na procura de aventuras. Soñamos ca búsqueda do tesouro escondido nalgunha isla do océano, no encontro con piratas, explorar os fondos marinos na búsqueda de pecios, percorrer os sendeiros do planeta chegar a cima das montañas mais altas, viaxar a lúa, coñecer novas culturas e por riba de todo ter emocionantes aventuras polo mundo en diante.
En definitiva voar canto máis alto mellor, sentirnos libres disfrutando da vida e natureza.
Nesta primera viaxe, imos prepararnos para o comenzó da nosa aventura, procurando reunir todos os bártulos e enseres necesarios para elo, para ca nosa andaina descubirndo lugares de ensoño, chegue a bon porto.

A medida que avancemos na nosa viaxe, mostraremos os lugares imaxinados dende rapaces, dando a coñecer a suas xentes ,noticias de interese, arquitectura, gastronomía , bailes e actividades da zoa, por cada rincón da nosa viaxe.
Xuntos trataremos de pasar un rato agradable coñecendo noso entorno e a vida das suas xentes.
Quedan por diante moitas cousas que contarvos.

¡Comezamos a viaxe! ¡Dende Sada para o mundo!