PEGADAS DO MODERNISMO, A TERRAZA DE SADA
A terraza “Art Nouveau”
Hoxe non imos saír da vila de Sada, queridos amigos, imos falar do verdadeiro símbolo, desta vila mariñeira, que non é outro ca Terraza, un edificio fiel reflexo da arquitectura da época, na que hoxe en día seguimos a disfrutar dela.
Primeiramente contaremos o que significa modernismo e coma influíu na vida das xentes e na maneira de reflexado nas construcións arquitectónicas deses séculos.
O modernismo “Art Nouveau” dependendo do lugar, é quizás o primeiro estilo arquitectónico vangardista, xurdiu a finais do século XIX e tivo súa continuidade ata que comezou a primeira guerra mundial ano 1914.
É un estilo que abarca todas as áreas do deseño e as artes decorativas, como pódese apreciar nos seus edificios.
Rompe co historicismo dos anteriores estilos, pero non ca tradición dos lugares onde se atopa.
Terraza de Sada, anos 20
Fuente: Hemeroteca La Opinión A Coruña
Onde verdadeiramente, causou sensación foi na Exposición Universal de París do 1900, sorprendendo a todos os visitantes que por ela pasaron, converténdose nunha referencia arquitectónica de singular contido, en parte grazas a o seu deseño gráfico e a difusión dos seus grabados, as formas os elementos todo tiña un compoñente de deseño, que establecía unha conexión entre a arquitectura e o deseño, e por elo, polo que os visitantes da exposición quedaron impresionados.
A Terraza
A primeira vez, que podemos contemplar este arte é en Bélgica na obra de Víctor Horca e, onde podemos contémplalo moito mellor e en tres hoteis de Bruselas, construídos a finais do século XIX.
O deseño modernista pódeme lo identificar polas súas formas orgánicas fluídas con apreciación de flores, parras y hojas estando presente en el hierro, con elo se quere plasmar ese movemento reflexado nas follas e flores, pódese apreciar a intensidade reflexada nos distintos modelos.
A terraza fachada principal
El modernismo é unha arte, que predominará e se extenderá por Europa, principalmente en Bruselas, París, Viena, en España o principal foco de actividade o teremos en Barcelona.
A duración do mesmo non será moi lonxeva, pois temos coñecemento do seus comezos, dende finais do XIX e extenderase, ata principios do XX.
A Terraza fachada posterior
Deste estilo en Galicia temos exemplos moi singulares, como é o edificio da Terraza que actualmente ubicase na Vila de Sada, provincia de A Coruña.
A terraza é un quiosco-restaurante, diseñado polo arquitecto Antonio López Hernández no ano 1912, nos seus inicios A Terraza instalouse no que hoxe en día coñecemos como Xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña, no cal os refrescos e golosinas foron protagonistas, durante oito anos, no recheo coruñés, facendo as ledicias de todos seus visitantes.
Interior da Terraza
En primeira instancia, naceu coma unha única planta, para logo xa obter a licencia, para o cierre de cuberta, correspondente o piso superior e de esa forma se orixinará ampliación do edificio de estilo modernista.
O paseo de Méndez Núñez tera un papel principal e vertebrador nas actividades de ocio dos habitantes da cidade da Coruña, pois o longo del, distribuiranse as distintas actividades relacionadas co ocio, para a cidadanía coruñesa da época.
A Terraza, Avenida da Mariña – Sada
A Terraza componse de unha estructura a base de madeira, ferro e cristal distribuida en dúas plantas.
Entre os anos 1919-1920 foi desmontada e decidiuse un novo lugar para este singular edificio, o lugar a onde trasladouse foi no recheo de Sada, onde convirtese no seu principal valedor entorno a él pódense a preciar nas diferentes fotografías da época, canta vida tiña no seus arredores, pois alí tamén confluía a parada do tranvía.
Se un observa as distintas pegadas, que nos deixa a través da fotografía un entende o porque do simbolismo que significou, para unha vila coma a de Sada nos anos vinte.
O edificio é de planta rectangular, distribuído en dúas plantas de 33,50 metros de lonxitude, por 5,50 metros de fondo, a primeira planta dispón de unha altura de 3.33 de alto e, a planta superior, ten unha altura libre de 4.00 metros.
Na primeira planta temos na actualidade, un espazo adicado a cafetería- restaurante onde un pode ter agradables conversas, na planta superior temos un lugar para o encontro as tertulias, os debates, concertos un lugar de acollemento de toda clase de eventos culturais ou de encontro social.
Entornos da terraza recheo de Sada
Dende seus vidros ou súa terraza exterior, poderemos contemplar a inmensidade do mar, a través da Ría de Sada, na súa fachada principal o discorrer da vida nesta vila mariñana.
Recheo de Sada
Esperamos vosa visita por nosa Vila e que poidades disfrutar, da súa arquitectura, etnografía, gastronomía e a hospitalidade da xente desta Vila.
¡Vémonos!
#terraza #sada #viaxeiroaventureiro #foto #fotografía #avidamola #arnelainmo #galicia