MIRUEÑA DE LOS INFANZONES
Hoxe imos de viaxe por terras de Castela, máis concretamente a unha pequena localidade, situada entre Ávila e Salamanca, pertencente a provincia de Ávila.
Cunha altitude de 1110 metros sobre o nivel do mar, na que o longo do ano, non viven máis aló de 52 habitantes, pero na que no verán transfórmase, para encher de festa e algarabía, todas as rúas do pobo, onde toda a xente participan das festas, ese pobo que hoxe vos presentamos non é outro que MIRUEÑA DE LOS INFANZONES.
O viaxeiro, e xa van moitos anos, por estas terras, repite experiencias, aventuras, emocións por este recuncho de Castela, “O Galego”, como lle chaman séntese agradecido a este pobo e súas xentes, por todas as vivezas alí vividas, o longo destes anos, e este non podía ser doutro xeito distinto, séntese paisano das xentes de Mirueña.
Botamos o camiño un ano máis cara a Mirueña, co fin de participar das festas en honor a “Nosa Señora Da Asunción” patrona de todos os mirueñenses.
Disfrutando da compaña dos Quintos de este ano, e as distintas actividades propostas por eles, o longo das festas e polas noites, o meu corpo dirisexe a un rincón cheo de encanto, onde conviven multitude de xeneracions entorno “O Bar dos Quintos”.
Nada máis chegar o viaxeiro, despois de baixar os bártulos e colocalos, a primeira cousa que fai e ir dar unha volta o Embalse dos Milagros, co fin de crúzalo a nado, coma todos os anos o pantano de lado a lado, e comprobar “in situ” como vai de cheo este ano, despois do inverno de choivas que tivemos, logo de vir o ano anterior dun ano de seca, para ledicia del este ano a baño promete.
Despois dun agradable baño no embalse, tomamos camiño de volta tres quilómetros, para riba en dirección Mirueña, ca idea de chegar a tempo o Pregón, que este ano dano as quintas de anos anteriores, algún día de estes contareibos un par de segredos entorno Os Quintos, pero esa será outra historia que non ten cabida hoxe.
Antes do pregón todo o pobo participa, dos bailes tradicionais que fai as delicias dos presentes, cando comeza o baile da xota castelá, un emocionase e compara o sonido da dulzaina co da gaita da súa terra, e volta a mirada atrás, recordando outros anos pasados.
Bailes, pregón e xentes coma é normal, teñen que ir acompañados dunhas pastas e unha sangría, no que un réndese a conversa cos amigos paisanos de Mirueña, non sen antes escoitar o canto de guerra dos quintos deste ano, entonando o “URRI PICHURRI TRACATRA…” con remate final cun “VIVA MIRUEÑA”.
Día de emocions, reencontros cos paisanos, que xa fai un ano que non nos vemos. A noitiña toca a estrea do bar dos Quintos e o bar das Escolas, onde desfrutamos de alegres conversas, deixando que nos chegue a mañá.
Despois dunha boa recuperación, chega o día grande o día esperado, o da patrona da Asunción, obrigado é engalanarse e poñerse guapo, para misa e a procesión por todo o pobo, para rematar no Bar das Escolas.
De volta a casa un non pode facer outra cousa que botar un descanso, para estar fresco para o xogo da Calva, tan popular por estas terras, que ven sendo moi parecido o noso xogo da chave.
Estaredes a pensar, en que consiste tal xogo, pois vouno describir un pouco, para o bon entender.
O xogo consiste en lanzar un morrillo, dende aproximadamente dazaoito metros aproximadamente, cara diante, hacia un pau de madeira con forma de ángulo obtuso e temos que darle sen que bata primeiro no chan, conseguido punto, e estaredes a pensar e ¿cantas quendas son? Pois son o mellor de 25 quendas, para ser sinceiro con vos hoxe non era meu día a noite empezaba a facer estragos no meu corpo.
Despois de repoñer forzas e abrigarse un chisco pois as noites alí refrescan un pouco, toca ir dar uns bailes a orquesta da praza e ver como os subquintos mostran o carro a medianoite que van esconder dos quintos, que terán que pasar a noite na procura do carro para o día seguinte poder correr as Cintas, todo esto ven precedido de noites moi longas nas que vaise de ronda a rondar os quintos, ata que se consigue que nos abran a porta e nos dean algo que levar a boca, xa vos imaxinades “María sal a balcón…” e así ata que se fai día.
Co corpo cheo de cansazo polos días e máis días de festa e xoldra e durmir nada, empeza o día das emocions para os Quintos, é o día para o que levan adestrando todo o ano, hoxe si van correr As Cintas baixo atenta mirada de todos os presentes, os rapaces e rapazas que cada ano son parte dos Quintos comezan o ceremonial ca limpeza e preparación dos cabalos, para logo ir pola madriña que levarán a lomos do cabalo o punto de encontró na praza, onde partirán cara o lugar onde correranse as cintas coma todos os anos.
Previamente os pais dos quintos tiveron que cavar para colocar os carros, que esa noite seus fillos encontraron, despois de unha longa noite na procura deles, unha vez colocados, colocanse sobre a soga, os carretes de cintas ca súa argolla, na cal os xinetes terán que introducir o seu punzón galopando a lomos do seu cabalo, xuntándose neses intres momentos de emocions, tensión e nervos, por parte dos presentes.
A primeira cinta vai para a madriña co quinto levou no seu cabalo, logo de ahí repartirá cos demáis enchendo de bágoas e emocions os agraciados con tal agasallo, momento cheo de maxia e ledicia, algún que outro deixa caer alguna bágoa pola súa cara.
Co remate da carreira das Cintas dánse por rematadas as festas, moi a pesar de todos, desexando cos novos Quintos preparen de novo, o bar dos Quintos no cal botar unhas parrafadas cos amigos.
¡Ata pronto paisanos de Mirueña, se cadrá estarei por ahí en ferias¡ ¡Viva Mirueña¡
#galegoviaxeiro #mirueña #avidamola #dendesadaparaomundo #aventurasgalegas #inmoarnela #sada